Mostra "Mulleres Maya Mam: nutrindo raíces, transformando vidas"

Submitted by xestor on Mar, 23/01/2024 - 14:20
01
Feb
2024
Tipo evento
Exposición
Mostra "Mulleres Maya Mam: nutrindo raíces, transformando vidas"
Imaxe
Exposición Educo

O xoves, 1 de febreiro, ás 18 horas, inauguramos a mostra Mulleres Maya Mam: nutrindo raíces, transformando vidas, organizada por Educo, unha ONG de cooperación global para o desenvolvemento e acción humanitaria que actúa dende hai máis de 25 anos a favor dos dereitos da infancia.

A exposición, que poderá visitarse ata o 29 de febreiro en horario de 11 a 18 h, é un percorrido polos rostros das mulleres mayas guatemaltecas ás que as organizacións Educo e Tierra Nueva están a acompañar para a mellora das súas condicións de vida.

O 90% da poboación indíxena en Guatemala vive entre o analfabetismo, a desnutrición e a pobreza, e sitúanse en zonas rurais onde o illamento condiciona o seu día a día e limita o seu desenvolvemento. Grazas ao apoio da Subdirección de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, desenvolvese un proxecto de fortalecemento de capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas. A través da formación e apoio no uso e control dos recursos familiares e comunitarios para a produción, consumo e comercialización de alimentos e cun claro compoñente de xénero, búscase empoderar a muller indíxena para facela partícipe e protagonista do seu desenvolvemento.