Biblioteca e Arquivo

Submitted by admin on Xov, 07/01/2021 - 10:59
Slider biblioteca
Imaxe slider
Biblioteca e Arquivo

No ano 1977 coa creación do Museo do Pobo Galego, a Biblioteca e o Arquivo inician a súa andaina. Teñen como obxectivo, alén de apoiar os programas de investigación e actividades propias do Museo, custodiar e tratar esta documentación de xeito que poida ser consultada polas persoas interesadas na nosa cultura. 

A biblioteca, de uso público pero de titularidade privada, foi declarada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese para Galicia no ano 2012. 

O acervo bibliográfico e documental está composto polos máis de 100.000 volumes, entre libros e publicacións periódicas, que conforman a Biblioteca. O Arquivo ocupa máis de 600 metros lineais (entre manuscritos e mecanoescritos). Completan o conxunto unha serie de materiais de características singulares: fotografía, postais, mapas e planos, carteis, partituras, pergameos, follas voandeiras, etc., que abranguen unha ampla cronoloxía, do s. XII ao XXI, de variada temática, sobresaíndo os documentos referentes a Galicia no eido das Humanidades. 

Os fondos proceden na súa meirande parte de xenerosas doazóns, intercambios institucionais e, en menor medida, adquisicións.

Bloque imaxe
Imaxe catálogo online
Bloque título
ACCEDE AO CATÁLOGO EN LIÑA
Dropdowns
Título servizos biblioteca
Servizos
Servizos biblioteca
Acceso libre e gratuíto
Catálogo OPAC e na rede a través da páxina web do Museo
Orientación bibliográfica e asesoramento
Préstamo en sala (domiciliario restrinxido aos socios e socias do Museo)
Atención de consultas presenciais, teléfono, correo postal e electrónico
Visitas guiadas e outras actividades de difusión e pedagóxicas
Imaxe horario biblioteca
Fachada museo do pobo galego
Datos horario biblioteca
Horario
Martes a xoves
11.00-17.00
Luns e venres
Previa cita
Rosa M.ª Méndez García
- 881977064
- biblioteca@museodopobo.gal
981583620
Título cadro 1
Reprodución
Info cadro 1

Para poder reproducir os fondos para unha investigación, publicación, exposición ou outro motivo, deberase ter o consentimento do Museo do Pobo Galego. Pódese realizar a petición a través do seguinte formulario.

Título cadro 2
Doazóns
Info cadro 2

A Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego foise formando a partir de doazóns de diferentes persoas. Se queres colaborar coma elas entregándonos novo material bibliográfico, gráfico ou documental, contacta connosco. Poderemos resolver as túas dúbidas e informarte do procedemento a seguir.

- biblioteca@museodopobo.gal
- 881 977 064
- Rosa M.ª Méndez García