O sábado, 27 de abril, celebraremos no Auditorio do Museo unha nova edición de A Voltas co Baile. Será unha xornada para a reflexión sobre os usos, procesos de transmisión e de cambios que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos.
Nesta 12° edición analizaremos campos de discusión relacionados coas perspectivas de xénero e queer que atravesan ao baile tradicional como ferramenta de socialización. Despois de ter contado con estas reflexións sobre o baile comunitario en Galicia, contaremos desta volta con experiencias de Mallorca e Asturias, para adentrarnos neste patrimonio inmaterial de xeito teórico mais tamén práctico.
De 10h30 a 13h30: Bailar, reivindicar e sentir: as danzas tradicionais contemporáneas nas Illas Baleares, con Bàrbara Duran Bordoy.
De 16h30 a 19h: O control dos corpos no baile tradicional asturiano: alternativas desde unha perspectiva tradicuir, con Aida Mariño Ardura.
Actividade de balde para persoas socias e desempregadas. Prezo xeral: 5€
Máis información e inscricións en servizosdeac@museodopobo.gal até o 24 de abril
Programa das xornadas.