"Atlánticas", de Adrián Baúlde, en Cambados

Submitted by xestor on Xov, 18/04/2024 - 13:48
26
Apr
2024
Tipo evento
Exposición
"Atlánticas", de Adrián Baúlde, en Cambados
Imaxe
Atlanticas Cambados

Desde o venres, 26 de abril, e ata o 30 de xuño, pode visitarse en Cambados a exposición fotográfica Atlánticas, de Adrián Baúlde

Unha mostra producida polo Museo do Pobo Galego, onde estivo exposta entre os meses de xuño e novembro de 2023, e que agora ten a súa primeira itinerancia no Pazo Torrado da vila cambadesa. 

Trátase dunha reflexión sobre o papel da muller no mercado laboral, desde os sectores con maior presenza feminina ata aqueloutros tradicionalmente masculinizados.

A exposición, organizada polo Concello de Cambados e o Museo, e na que colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Deputación de Pontevedra, está aberta de martes a venres de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas; os sábados, de 17:00 a 20:00 horas; e os domingos e festivos, de 11.30 a 13.30 horas.