Colabora
Non todo o mundo pode dicilo. Incluso a nós nos custa crelo, non si? Pensabamos que isto era cousa dos Rothschild, dos Guggenheim ou dos Thyssen. Que só estas persoas podían permitirse o luxo de posuír un museo. Pois resulta que... eu teño un museo. E ti tamén.
A participación da sociedade no Museo do Pobo Galego faino máis forte, e a contribución de socias e socios permite o seu mantemento e dálle independencia como institución. Os seus fondos posúen un enorme valor simbólico e histórico e, aínda que en xeral nos dea pudor falar de cartos, non poucos teñen tamén un gran valor económico. Pertencen á cidadanía e están depositados non só nas mans dos e das profesionais e da Dirección do Museo do Pobo, senón nas daquelas persoas que o sosteñen.
Bloque título
¡Asóciate!
Sendo socia ou socio serás parte de o propio Museo, axudando a soster unha asociación independente e plural. Ademais, obterás diferentes vantaxes, como o acceso gratuíto ou a participación en actividades especiais.