Transparencia

Submitted by admin on Mar, 02/02/2021 - 13:19
Transparencia

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece que as entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros deberán informar dos datos do seu funcionamento e xestión consonte o que establece a dita lei.

Atopándose nesta circunstancia, a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego ofrece na súa pestana de transparencia a información relevante nos correspondentes apartados.

Central título
Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
Bloque central

O Padroado do Museo do Pobo Galego é unha institución privada de carácter cultural sen ánimo de lucro constituída na cidade de Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1976 e declarada de utilidade pública pola Orde do Ministerio do Interior do 21 de febreiro de 2005 (INT/669/2005).

Son obxectivos da entidade: investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega e a súa historia en todos os seus ámbitos, e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos.

Polo seu carácter exclusivamente científico e de investigación, a Asociación non se adscribe a ningunha ideoloxía determinada, nin poderá servir a outros fins que os expresados no parágrafo anterior, sen que iso signifique renuncia á participación que na vida pública lle corresponda como entidade cultural, a través das canles que estableza a lexislación vixente en cada momento.

A Asociación desenvolve as súas actividades en Galicia e noutras áreas nas que, polas súas afinidades coa cultura galega ou outras circunstancias, conveña facelo.

O idioma propio da Asociación é o galego. O galego será tamén o idioma usado normalmente nas súas asembleas e xuntas. En consecuencia, todos os seus documentos oficiais serán redactados en galego, salvo aqueles que impliquen unha relación con administracións ou organismos non radicados en Galicia.

ESTRUTURA DA ASOCIACIÓN
Órganos colexiados
ASEMBLEA XERAL DO PADROADO
CONSELLO DE GOBERNO
Órganos unipersoais
PRESIDENCIA E VICEPRESIDENCIAS 1.ª, 2.ª E 3.ª
SECRETARÍA
TESOURARÍA
VOGAIS DO CONSELLO DE GOBERNO
REPRESENTANTES DE SOCIOS/AS DO MUSEO DO POBO GALEGO
ESTRUTURA DO MUSEO DO POBO GALEGO
DIRECCIÓN
SECRETARÍA DO MUSEO
Departamentos
ADMINISTRACIÓN
CONSERVACIÓN
BIBLIOTECA
EXPOSICIÓNS
EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL
COMUNICACIÓN
Dropdowns