Concurso de méritos para a selección da candidatura á Dirección do Museo

Concurso de méritos para a selección da candidatura á Dirección do Museo
Imaxe
MPG

O Consello de Goberno do Padroado do Museo do Pobo Galego, na súa reunión de 22 de febreiro de 2024, acordou convocar concurso de méritos, de acordo co procedemento e calendario que se detallan nas bases da convocatoria, para a selección da candidatura á dirección do Museo do Pobo Galego que se propoñerá á Asemblea do Padroado, segundo establecen os Estatutos.

Poderán presentarse ao posto persoas tituladas na área de artes e humanidades ou de ciencias sociais e xurídicas, e valorarase a experiencia na xestión de museos ou entidades afíns, na coordinación de proxectos e dirección de equipos e en investigación antropolóxica, así como a colaboración previa co Museo do Pobo. As persoas solicitantes deberán presentar un proxecto para a Dirección da entidade. 

As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, remitiranse por correo electrónico (secretaria@museodopobo.gal), ou fisicamente nun lapis de memoria remitido por correo certificado (Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, s/n – 15703 Santiago de Compostela), ou ben mediante entrega presencial no rexistro do Museo. O prazo de recepción remata o 21 de marzo de 2024 ás 18:00 horas.

Accede aquí ás bases completas da convocatoria.