VISITA GUIADA A PORTO DO SON E PRESENTACIÓN DA REVISTA ADRA

Tipo nova
Socias e socios
VISITA GUIADA A PORTO DO SON E PRESENTACIÓN DA REVISTA ADRA
Imaxe

Estimadas patroas e patróns, socias e socios, colaboradoras e colaboradores, amigas e amigos:

O próximo sábado, 6 de abril, a Oficina de Socias e Socios organiza unha visita guiada a Porto do Son. Aproveitaremos para visitar o noso patrimonio cultural e presentaremos a revista do museo  “ADRA”.

 

09:30h. Saída en autobús da dársena da rúa Valle-Inclán (Colexio La Salle).

10:30h. Chegada a Porto do Son – Caamaño. Faremos unha pequena pausa para tomar café de  15 minutos.

10:40h. Subida a ESTARRELLE e visita dun apiario (a Casa das Abellas). 1 km.  Iremos a pé por unha pista pero non é complicada. Contamos coa xenerosa           colaboración dos socios Xesús Devesa, Santiago Llovo e Rosa Méndez patroa do Museo. Suso nos  achegará ao mundo das abellas a través das alacenas e en Caamaño veremos a Casa das Abellas.

12:40h. (aprox.) Retornaremos a Porto do Son, onde Santi faranos un percorrido  polas testemuñas que quedan no urbanismo sonense das antigas fábricas de salazón.

14:30h. Xantar.

16:00h. Xuntarémosnos na explanada da estacada e partiremos cara o MAREA, Museo da Memoria Mariñeira, onde o seu Director, José Manuel Vázquez Lijó, daranos unha explicación do mesmo e as liñas de investigación que se están a levar a cabo.

Ao remate da visita e no mesmo Museo faremos a presentación da revista ADRA, a mans de Rosa Méndez, do Consello de Edición.

19:30h. (aprox.) Volta a Compostela.

 

O custe da viaxe por persoa será aproximadamente de 40€. En caso que haxa cambio de importe avisaremos por correo electrónico, xa que estamos agardando confirmación do autobús. Cobraranse á subida ao autobús.

Para anotarse enviar correo a socios@museodopobo.gal co nome, apelidos e teléfono. O prazo de inscripción remata o 4 de abril ás  16.00 h.

Sortearemos  catro camisetas.