Presentación: "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao", de Anxo Rabuñal Rey

Submitted by xestor on Xov, 08/02/2024 - 08:44
16
Feb
2024
Presentación: "O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao", de Anxo Rabuñal Rey
Imaxe
O pintor e a vida moderna

O venres, 16 de febreiro, ás 19 horas, o Museo acolle a presentación do libro O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao, unha obra de Anxo Rabuñal Rey. 

Trátase dun ensaio no que o autor le e anota o Diario 1921, o caderno manuscrito e ilustrado da viaxe de estudos de Castelao polos museos de Francia, Bélxica e Alemaña, no esforzo de documentar a viaxe do rianxeiro, de explicar e coñecer, interpretar e comprender o que pasou, o que pensou, o que escribiu.

Na presentación, o autor estará acompañado polo historiador Justo Beramendi e polo profesor e investigador Germán Labrador.