Roteiro "Cruceiros de Compostela"

Submitted by xestor on Lun, 18/10/2021 - 11:51
16
Oct
2021
Roteiro "Cruceiros de Compostela"
Imaxe
roteiro compostela

O pasado sábado, 16 de outubro, a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organizou un roteiro baixo o lema "Cruceiros de Compostela".

O mestre de cerimonias foi o patrón e antropólogo Clodio González Pérez quen, amais de facer unha breve introdución sobre os diferentes cruceiros que se atopaban no itinerario, tamén foi sinalando as características destacadas de cruceiros coma o de Ramírez, do Home Santo, o da Virxe da Fonte ou o víacrucis que vai desde San Francisco ata a igrexa de San Paio do Monte. As 26 persoas socias participantes fixeron un percorrido de dúas horas no que tiveron a oportunidade de estudar con detimento os máis de 10 cruceiros que se fixaron neste roteiro.