XEIRA A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES

Tipo nova
Socias e socios
XEIRA A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES
Imaxe
""

A Oficina de Socias e Socios organizou o pasado sábado 28 de outubro unha xeira a Celanova e Vilanova dos Infantes.

 

De primeiras fomos a Vilanova dos Infantes, onde visitamos a Torre de Vilanova, a Cova de San Vivián, o Santuario da Virxe do Cristal e o cristo románico da Igrexa Parroquial.

 

Despois fomos a Celanova comenzando a visita polo IES Celanova onde fixemos entrega das últimas publicacións do Museo. Visitamos tamén o Mosteiro de San Salvador, o Oratorio de San Miguel e a Casa dos Poetas (casa natal de Curros Enríquez). Antes do xantar desfrutamos dun concerto de órgano.

 

Xa pola tarde visitamos o xacemento castrexo de Castromao e despois puxemos fin á xeira subindo ao Alto do Furriolo, onde se atopa o Mural de Xosé Vizoso na honra dos Fusilados de Furriolo.