Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso á Ala Sur

Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso á Ala Sur
Imaxe
Rampa acceso MPG

O Concello de Santiago vén de concluír a obra de instalación dunha rampla na fachada oeste do Museo, nunha aposta pola accesibilidade coa supresión de barreiras neste espazo público.

A actuación, cun orzamento de 23.493 euros, consistiu na realización dun itinerario peonil accesible desde a vía pública de acceso principal á ala sur do edificio de San Domingos de Bonaval, segundo o proxecto redactado polos arquitectos Idoia Camiruaga Osés e Ramón Fernández Hermida. 

Este elemento apóiase, sen empotramento, sobre a rampla norte da escaleira de acceso desde o xardín, sen desmontar a varanda de cuadradillo e pletina. Para alcanzar a cota interior do edificio colocouse un gran banzo final realizado a base de laxas de pedra granítica sobre a actual plataforma. Foi necesario complementar a varanda con outra peza que protexe a plataforma de chegada da rampla a cota interior. Ademais, aumentouse a zona pavimentada con laxas de características similares ás da beirarrúa existente, a modo de beirarrúa na zona do xardín, para facilitar o acceso con cadeira de rodas á nova rampla.

Rampa acceso MPG