O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG

Submitted by xestor on Mar, 30/04/2024 - 07:58
01
Jun
2024
Tipo evento
Evento
O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG
Imaxe
Encontro de asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG

O sábado, 1 de xuño, celebraremos esta xuntanza na que queremos poñer en común o traballo do tecido asociativo cultural galego que, un século despois da fundación do Seminario de Estudos Galegos, continúa a traballar sobre o noso patrimonio. 

Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG será unha xornada de intercambio e reflexión colectiva, para afondar nas posibles solucións aos desafíos que xorden na xestión dos proxectos, para analizar e fomentar as relacións entre o tecido asociativo, veciñanza e patrimonio; e para celebrar conxuntamente o traballo que se está a facer no camiño da investigación e divulgación do noso patrimonio etnográfico, histórico, científico ou lingüístico, entre outros ámbitos. 

Proximamente, máis información e programa.