Visita guiada a Porto do Son

Submitted by xestor on Lun, 01/04/2024 - 13:26
06
Apr
2024
Visita guiada a Porto do Son
Imaxe
Porto do Son

O sábado, 6 de abril, a Oficina de socias e socios do Museo organiza unha visita guiada a Porto do Son, coa colaboración e guía dos socios Xesús Devesa, Santiago Llovo e Rosa Méndez, patroa do Museo.

Pola mañá visitaranse uns apiarios na zona de Caamaño. Posteriormente farase un percorrido pola vila do Son, para descubrir as pegadas das fábricas de salga no urbanismo da vila.

Xa pola tarde, realizarase unha visita ao Museo Marea, da man do seu director Xosé M. Vázquez Lijó, e procederase á presentación do último volume da revista Adra.