Recolla da tradición oral
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é un interesante compendio dixital de voces, historias, cancións, bailes e tradicións. Coa túa contribución farás deste Arquivo público un catálogo máis completo e conseguirás que este patrimonio inmaterial non desapareza.
Doazón á Biblioteca e Arquivo
A Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego conta cun rico patrimonio documental e gráfico por descubrir. Se pensas en axudar a ampliar o seu catálogo, contacta connosco.
Doazón de pezas á Colección
Grazas a doazóns de diferentes persoas e institucións é como se foi creando a nosa colección. Se queres ceder ao Museo algún obxecto, aquí poderás consultar como facelo.
Voluntariado
A través da colaboración desinteresada de moitas persoas foise construíndo o Museo de todas as galegas e galegos. Se che presta botar unha man, non dubides en contactar connosco en info@museodopobo.gal
Empresas e institucións
Existen diferentes xeitos de apoiar o Museo a través de empresas e institucións. Consulta a mellor opción
Colabora
Colabora
Non todo o mundo pode dicilo. Incluso a nós nos custa crelo, non si? Pensabamos que isto era cousa dos Rothschild, dos Guggenheim ou dos Thyssen. Que só estas persoas podían permitirse o luxo de posuír un museo. Pois resulta que... eu teño un museo. E ti tamén.
Accesibilidade
Accesibilidade
As características arquitectónicas do edificio de San Domingos de Bonaval, sede do Museo, dificultan a accesibilidade ás persoas en situación de mobilidade reducida. O Padroado do Museo do Pobo Galego adoptou as medidas posibles para garantir o acceso de todas as persoas ás instalacións abertas ao público, pero este ten que realizarse por un lugar diferente do habitual. Debe ser comunicado con antelación ao Museo ben mediante contacto previo ou dirixíndose ao persoal de recepción, coa finalidade de acompañar a persoa demandante ao interior do Museo pola entrada habilitada.
Patrocinios, entidades colaboradoras
Patrocinios, entidades colaboradoras
As empresas, entidades públicas ou privadas, teñen diferentes opcións para poderen apoiar o Museo de todas as galegas e galegos. A filosofía da institución permite ademais que coas súas achegas estas entidades poidan formar parte mesmo do propio Museo converténdose en socias.
Ao ser unha asociación declarada de utilidade pública, as achegas económicas á institución tamén obteñen beneficios fiscais, ao abeiro da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Historia do Museo
Historia do Museo
O anhelo de crear un museo da cultura galega nas súas diferentes manifestacións ten un percorrido histórico. Este desexo materializouse co Seminario de Estudos Galegos. En 1930 esta institución conseguía unha sala no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela na que expoñer as súas coleccións arqueolóxicas, antropolóxicas e de arte contemporánea. Co golpe de estado, as forzas franquistas prohiben a súa actividade e desmontan este traballo. Parte do seu legado será recollido máis tarde polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.