Visitas en grupos

Submitted by admin on Dom, 24/01/2021 - 23:16

Visitas en grupos

Todos os grupos deberán reservar data e hora con antelación suficiente.

Recolla da tradición oral

Submitted by admin on Mér, 13/01/2021 - 16:23

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é un interesante compendio dixital de voces, historias, cancións, bailes e tradicións. Coa túa contribución farás deste Arquivo público un catálogo máis completo e conseguirás que este patrimonio inmaterial non desapareza.

Colabora

Submitted by admin on Mér, 13/01/2021 - 15:13

Colabora

Non todo o mundo pode dicilo. Incluso a nós nos custa crelo, non si? Pensabamos que isto era cousa dos Rothschild, dos Guggenheim ou dos Thyssen. Que só estas persoas podían permitirse o luxo de posuír un museo. Pois resulta que... eu teño un museo. E ti tamén.

Accesibilidade

Submitted by admin on Mér, 13/01/2021 - 12:48

Accesibilidade

As características arquitectónicas do edificio de San Domingos de Bonaval, sede do Museo, dificultan a accesibilidade ás persoas en situación de mobilidade reducida. O Padroado do Museo do Pobo Galego adoptou as medidas posibles para garantir o acceso de todas as persoas ás instalacións abertas ao público, pero este ten que realizarse por un lugar diferente do habitual. Debe ser comunicado con antelación ao Museo ben mediante contacto previo ou dirixíndose ao persoal de recepción, coa finalidade de acompañar a persoa demandante ao interior do Museo pola entrada habilitada.

Patrocinios, entidades colaboradoras

Submitted by admin on Mar, 12/01/2021 - 16:07

Patrocinios, entidades colaboradoras

As empresas, entidades públicas ou privadas, teñen diferentes opcións para poderen apoiar o Museo de todas as galegas e galegos. A filosofía da institución permite ademais que coas súas achegas estas entidades poidan formar parte mesmo do propio Museo converténdose en socias.

Ao ser unha asociación declarada de utilidade pública, as achegas económicas á institución tamén obteñen beneficios fiscais, ao abeiro da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Historia do Museo

Submitted by admin on Mar, 12/01/2021 - 14:31

Historia do Museo

O anhelo de crear un museo da cultura galega nas súas diferentes manifestacións ten un percorrido histórico. Este desexo materializouse co Seminario de Estudos Galegos. En 1930 esta institución conseguía unha sala no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela na que expoñer as súas coleccións arqueolóxicas, antropolóxicas e de arte contemporánea. Co golpe de estado, as forzas franquistas prohiben a súa actividade e desmontan este traballo. Parte do seu legado será recollido máis tarde polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.