Outros colectivos

Submitted by admin on Lun, 22/03/2021 - 11:49

Outros colectivos

As actividades e visitas presenciais no Museo, ben sexan en modalidade libre ou contando con persoal do DEAC, deberán concertarse previamente, con suficiente antelación.

Contacto para reservas

- servizosdeac@museodopobo.gal

- +34 981 583 620

Escola

Submitted by admin on Lun, 22/03/2021 - 11:47

Escola

A visita presencial, ben sexa con modalidade libre ou ben contando con persoal do DEAC, ten que concertarse previamente e con suficiente antelación.

 

Formulario para reservas

Contacto para dúbidas

Biblioteca Manuel Beiras García

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 11:00

Biblioteca Manuel Beiras García

As súas inquedanzas políticas e culturais levárono a empezar a publicar os seus artigos na prensa local desde moi novo. Aínda que o eixo profesional da súa vida foi a actividade comercial, foi un home comprometido profundamente coa cultura galega, participando activamente en tódolos seus ámbitos.

Biblioteca Antonio Fraguas Fraguas

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:58

Biblioteca Antonio Fraguas Fraguas

Foi o segundo presidente do Padroado e director do Museo. Catedrático de Ensino Secundario, Cronista Oficial de Galicia, destacado historiador e etnógrafo, grande coñecedor da literatura popular. Tamén foi membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega das Ciencias e correspondente da Real Academia da Historia, entre outras.

Biblioteca Salvador Antonio Rodríguez Fraíz

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:56

Biblioteca Salvador Antonio Rodríguez Fraíz

Foi membro fundador do Museo e formou parte do seu Padroado até o seu pasamento. Nado na Terra de Montes, estuda no Seminario de Santiago e será nomeado cura párroco de Campañó en 1950, onde desenvolve unha grande labor relixiosa, cultural e social.

Biblioteca Xesús Taboada Chivite

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:50

Biblioteca Xesús Taboada Chivite

Vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, foi un arqueólogo, historiador e etnógrafo ourensán. Amigo de Xoaquín Lourenzo, tamén colaborou durante a súa xuventude cos membros do grupo Nós e co Seminario de Estudos Galegos, e coma el, foi membro numerario da Real Academia Galega, así como da Real Academia da Historia, entre outros moitos recoñecementos.

Biblioteca Familia Baltar

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:44

Biblioteca Familia Baltar

Iniciouse a comezos do século XIX en Padrón polo farmacéutico José Baltar Varela, sendo continuada polo seu sobriño, Ángel Baltar Varela. Conservouse naquela vila polos irmáns Baltar Cortés, ata mediados dos anos 40 do século XX en que se traslada a Santiago. Don Ramón Baltar Domínguez (1902-1981), prestixioso médico-cirurxián e humanista, recibe a biblioteca por cesión desinteresada dos sucesores dos irmáns Baltar Cortés, sendo el quen se ocupou de ampliala, consolidala e mantela agrupada.