Esta mañá tivo lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial da 17 edición da Mostra Internacional de Cinema etnográfico, que terá lugar do 28 de marzo ao 2 de abril. Asistiron ao acto a vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo, Concha Losada; a concelleira responsable de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; Jacobo Sutil, director da Agadic; Xurxo Couto, deputado responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña; e Ana Estévez Lavandeira, directora da MICE.
Noticia completa na web da MICE