Listado de premios

Premios
Premios outorgados ao Museo do Pobo Galego:

2023

Premio "Rosalía de Castro" de lingua concedido pola Deputación da Coruña.

2019

Premio Fernández Latorre. A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre valorou o compromiso do Museo para promover a investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura material e inmaterial de Galicia.

Premio San Martiño de Normalización Lingüística. Concedido pola Asociación Cultural "O Brado" da Estrada.

2017

O 40º aniversario da inauguración do Museo do Pobo Galego foi a ocasión para a concesión de cinco notables galardóns.

Cornamusa de honra do Festival Atlántica polos 40 anos gardando a memoria de Galicia.

Premio honorífico Adolfo Enríquez da romaría etnográfica Raigame, que coorganizan a Deputación de Ourense e o Concello de Celanova.

Medalla "Amigo da Solaina" da Fundación Paco Lareo "A Solaina", pola traxectoria a prol da nosa cultura.

Premio Alecrín da Federación de Entidades Culturais galegas en Catalunya na modalidade de Institucións Culturais.

Premio Serenidade de Radio Galicia-SER, recoñecendo a persoas, empresas e entidades que co seu traballo contribúen de maneira destacada a enaltecer Galicia en diferentes ámbitos de actividade.

2014

Pedrón de Ouro, en mérito do compromiso do Museo do Pobo Galego co patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.

2013

Medalla de Honor da Real Academia Galega de Belas Artes, recoñecendo a loita que a nosa institución vén levando a cabo na investigación, conservación, divulgación e promoción da cultura galega en todos os ámbitos, concedendo unha especial importancia aos aspectos antropolóxicos do pobo galego.

2012

Premio da Fundación Luis Tilve de Defensa dos Bens Comúns pola actividade desenvolvida na defensa do patrimonio cultural e artístico de Galicia.

2008

Premio Nacional da Cultura galega na modalidade de cultura popular e de base, valorando o labor de divulgación cultural que o Museo vén realizando hai trinta anos.

2007

Medalla de Ouro de Santiago de Compostela ao Mérito cultural, concedida por unanimidade da Corporación municipal Compostela.

2005

A Asociación cultural lucense María Castaña concedeu ao Museo o Premio da Cultura Tradicional María Castaña 2005, na súa modalidade de institucións.

O Museo recibiu a Medalla das Aulas no Camiño, organizadas pola Universidade da Coruña.

Homenaxe "Os bos e xenerosos" da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

2003

Premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de institucións.

2001

Premio "La Voz del Año de la Cultura", do Grupo Voz en Santiago de Compostela, a unha institución cultural coa que todos os galegos se identifican e recoñecen como pobo.

2000

Medalla de ouro da Asociación do Traxe Galego, en recoñecemento ao labor do Museo a prol do traxe tradicional e da importancia e continuidade da colaboración prestada aos proxectos e programas da Asociación.

1998

No III Certame de Vídeo do Mar Cidade de Viveiro, o documental A pesca do cerco, editado polo Museo en 1994, recibiu o premio na modalidade de documental didáctico.

Premio Otero Pedrayo, concedido polas Deputacións Provinciais de Galicia
 

1985

Premio ADELPHA en recoñecemento do traballo realizado en prol do estudo e difusión da cultura popular.

1984

Medalla de Ouro das Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela ao labor cultural.

1978

Premio da Crítica de Galicia, na versión de iniciativas culturais, á creación dun centro que recupere e potencie a voz e o acento da nosa cultura, aquilo que máis caracteriza e constitúe o noso estar no mundo, o noso xeito de existir.