Políticas de privacidade
Para a utilización de determinados servizos ofrecidos polo Museo do Pobo Galego, a través de www.museodopobo.gal requíreselles aos usuarios que nos faciliten datos de carácter persoal, como nome, apelidos, enderezo, correo electrónico, número de teléfono, etc.
Para estes efectos, informámolo/a de que os seus datos son incluídos nun arquivo do que é titular o Museo do Pobo Galego, domiciliado na Rúa San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, A Coruña.
O Museo do Pobo Galego, como responsable dos arquivos con datos de carácter persoal, cumpre escrupulosamente con todos os requisitos exixidos pola Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, para o cal adoptou as medidas técnicas exixidas no Real decreto 994/1999.
Así mesmo, informámolo/a de que o tratamento dos seus datos responde única e exclusivamente á finalidade para a que foron solicitados. En ningún caso serán cedidos a terceiros, agás que solicitemos expresamente o seu consentimento, indicándolle as entidades a que serán cedidos.
Se os seus datos foron incluídos nun arquivo do que é responsable o Museo do Pobo Galego, informámolo/a de que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@museodopobo.gal ou por correo convencional, enviando unha carta á atención do responsable de Seguridade, para: Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.