VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN "OLLOS DE VIDRO"

Tipo nova
Socias e socios
VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN "OLLOS DE VIDRO"
Imaxe
""

O pasado venres 7 de marzo, a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organizou unha visita guiada á exposición Ollos de Vidro que pode verse no Auditorio de Galicia.

A mostra está composta por máis de 300 pezas elaboradas por preto dun cento de creadoras e creadores. Comisariada por Germán Labrador Méndez, toma prestada a metáfora do “ollo de vidro”  de Castelao, e a súa ollada reflexiva, para convidarmos a revisitar a historia galega e o seu relato social.