Presentación e faladoiro: documental "A última dorna de Ons"

Submitted by xestor on Xov, 09/01/2025 - 18:24
25
Jan
2025
Presentación e faladoiro: documental "A última dorna de Ons"
Imaxe
Cartel A última dorna de Ons

O sábado, 25 de xaneiro de 2025, ás 12:00 horas, o fotógrafo Anxo Cabada e o músico Antón Davila presentan no Auditorio do Museo do Pobo Galego este documental no que os seus protagonistas son os illáns, e sobre todo Césareo Patiño, o último mariñeiro que nunca abandonou Ons e que hoxe, coa última dorna que queda na illa, fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron manter unha economía de subsistencia na illa. 

O documental sobre o Ons inmaterial, de 30 minutos de duración, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, da Xunta de Galicia, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos Next Generation da EU.

Trala proxección haberá faladoiro, coa presenza dos autores do documental e o crítico de arte Carlos Bernárdez.