Presentación da peza audiovisual: "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión."

Submitted by xestor on Lun, 02/06/2025 - 09:25
29
Jun
2025
Presentación da peza audiovisual: "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión."
Imaxe
Presentación da peza Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión.

Presentación da peza audiovisual que forma parte da exposición Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión e que tece, a través dos testemuños dunha trintena de persoas –cantareiras, músicas, investigadoras e persoas achegadas ás homenaxeadas polas Letras Galegas deste ano–  o tapiz da música tradicional galega e das mulleres como principais creadoras e transmisoras da tradición, ademais de pór en valor a importancia dos arquivos sonoros como ferramenta de conservación e continuidade da identidade oral.

Entrada libre até completar capacidade.