Presentación: "Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán"

Submitted by xestor on Ven, 24/01/2025 - 12:19
08
Feb
2025
Presentación: "Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán"
Imaxe
Presentación Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán

sábado, 8 de febreiro, ás 12:00 h, a agrupación cultural O Galo presentará no Museo do Pobo Galego o libro Catálogo das alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán, editada pola Asociación Cultural Vagalumes de Tabeirós-Terra de Montes. 

Trátase dunha publicación que estuda as alvarizas da zona norte da provincia de Pontevedra, abranguendo desde os concellos de Forcarei até Vila de Cruces e Dozón, pasando por Lalín e Silleda, e centrándose fundamentalmente na serra do Candán e no val do río Deza. Nunha primeira parte, o libro analiza o valor que historicamente supuxo a produción de mel e a elaboración destas construcións nas comarcas estudadas, e nun segundo bloque preséntanse as fichas de cada unha das alvarizas investigadas.

Na presentación intervirán os autores, Damián Porto e Francisco Azurmendi, xunto co apicultor Xesús Asorey, membro do colectivo Máisquemel, que afondará na importancia e características históricas da produción de mel. 

Amais de presentar o libro no Museo, ese mesmo día pola tarde, haberá un roteiro para visitar unha das alvarizas que se mencionan no teto. A saída será desde a aldea da Graña, en Trasdosmontes, Forcarei, ás 16:00 horas.