Presentación: "Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina"

Submitted by xestor on Xov, 09/01/2025 - 23:21
18
Jan
2025
Tipo evento
O Museo acolle
Presentación: "Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina"
Imaxe
Cantos de dor e liberdade

O sábado, 18 de xaneiro, acollemos a presentación de Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina, un libro colectivo que conta coa participación de 48 poetas e 14 ilustradoras galegas e que ten como obxectivo reclamar paz e liberdade para a Palestina.

Editado por Tempo Galiza, conta coa colaboración das asociacións AGA Jenin, Mar de Lumes e Pallasos en Rebeldía. Os dereitos de autoría e beneficios recadados son destinados a UNRWA, a axencia da ONU encargada de enviar axuda humanitaria á poboación de Gaza.