O martes, 23 de xullo, ás 12 horas, o Museo será o escenario de Musicando a Crecente Vega; unha mostra de pezas musicais elaboradas a partir da obra poética do chairego Xosé Crecente Vega.
O programa contará coas actuacións de A Quenlla, interpretando O carballo de Luxís; Eladio Santos, interpretando Cantar do Muíño; e MJ Pérez, interpretando Paspallar.
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia será o encargado da apertura do acto, ás 12 horas.
Descarga
PDF DEAC