O xoves, 15 de maio, ás 10:30 horas, celebramos a gala MICEscola. Un acto no que proxectaremos as pezas resultantes do proxecto didáctido da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Museo do Pobo Galego.
Nesta vixésima edición da MICE, participaron nesta iniciativa o IES de Oroso (Oroso), o IES de Cacheiras (Teo) e o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame). Coa titorización do DEAC do Museo do Pobo Galego e as cineastas Coral Piñeiro e Bruno Arias, o alumnado de secundaria afondou nas ferramentas do cinema e do método etnográfico para facer a súa propia recompilación da memoria do pasado e do presente.
A proxección das curtametraxes, que terá lugar no auditorio do Museo, forma parte da programación estendida da 20 MICE.