O venres, 4 de outubro, ás 19 horas, o Museo acolle o faladoiro Pegadas de Andaina (1983-2024). Unha conversa sobre a traxectoria de Andaina, a Revista Galega de Pensamento Feminista que botou a andar en xaneiro de 1983 e editou o seu derradeiro número en papel este 2024.
O acto terá lugar na sala de actividades da Ala Sur do Museo do Pobo Galego, coa participación da presidenta do Padroado, Concha Losada; a investigadora e autora de obras de referencia da memoria das galegas Aurora Marco; e a xornalista e membro do consello de redacción da revista Zelia Garcia. Presentará o faladoiro Aida Raíndo Vázquez, educadora social e da equipa de Andaina Mulleres.