O xoves, 24 de abril, ás 19:00 horas terá lugar o faladoiro Isaac Díaz Pardo creador do Laboratorio de Formas, que contará coa participación de Xosé Luís Axeitos, María América Díaz, Fernando Arribas e Carmela Montero.
Este faladoiro forma parte da programación desenvolvida polo Museo do Pobo Galego ao redor do Día das Artes Galegas, en lembranza do intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, membro fundador e presidente do Padroado desta institución desde o ano 2000 até o 2011.