Exposición "Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe"

Submitted by xestor on Mar, 01/10/2024 - 07:07
19
Sep
2024
Tipo evento
Exposición
Exposición "Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe"
Imaxe
Expo Rosalía

Desde o 25 de setembro e até o 13 de outubro pode verse na Ala Sur do Museo a exposición Rosalía: proclamar que Galiza existe, unha mostra organizada por Vía Galega e Galiza Cultura que ten como obxectivo “popularizar, valorar e coñecer a verdadeira Rosalía, desterrando os estereotipos aos que foi sometida. 

Pensada e orientada para todos os públicos, para ser mostrada nos centros sociais e culturais e, nomeadamente, nos centros de ensino de secundaria do país, sintetiza en 20 paneis a figura de Rosalía, a súa biografía, o contexto histórico e social no que se moveu. O obxectivo é amosar o seu espírito de muller valente e galega, consciente de selo, e a intención e orientación que guiou a súa obra.

Comisariada por Francisco Rodríguez, a mostra conta coa maquetaxe de Bruno Lopes e os debuxos de Pepe Carreiro. 

Pode visitarse de martes a sábados, de 16 a 20 horas.