Desde o xoves, 27 de xuño, ata o 28 de xullo pode verse no Museo a mostra Elas deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia, promovida pola ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.
Unha exposición que vincula, a través de fotografías e testemuños, a mulleres traballadoras da pesca artesanal de El Salvador e da costa galega, co fin de poñer en valor o traballo feminino no sector pesqueiro, tradicionalmente masculinizado, ao tempo que visibilizar que os retos non son tan diferentes dun lado e doutro do Océano.
A exposición conta co apoio de Cidadanía Sociedade Cooperativa Galega e está financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.