Este martes, 18 de marzo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impulsa a conferencia As primeiras escolas europeas e aproximación a Galicia. A cita será ás 16:00 h no Auditorio do Museo.
A continuación, ás 18:00 horas, haberá unha visita guiada polo modernismo da cidade de Santiago de Compostela, que partirá da rúa das Casas Reais. Trátase de dúas das propostas dunha actividade de difusión da arquitectura, coa que o COAG revisará tamén o modernismo das cidades de Ferrol e A Coruña, durante os meses de marzo e abril, da man do arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel e o guía oficial de turismo Joaquín Fernández Travieso.