07
Feb
2025
Tipo evento
O Museo acolle
Conferencia: "A Intelixencia Artificial. Retos actuais para a creación cultural"
Imaxe

O 7 de febreiro, ás 17:00 horas, no Auditorio do Museo acollemos a conferencia do director xeral de CEDRO, Jorge Corrales, sobre A Intelixencia Artificial. Retos actuais para a creación cultural. O acto, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), será introducido por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas, sen necesidade de inscrición previa.