Conferencia: "Importa nos delitos de violencia sexual a xustiza restaurativa?"

Submitted by xestor on Mar, 11/02/2025 - 15:53
20
Feb
2025
Conferencia: "Importa nos delitos de violencia sexual a xustiza restaurativa?"
Imaxe
Conferencia de Carme Guil

O xoves, 20 de febreiro, ás 19 da tarde, no Auditorio do Museo do Pobo Galego terá lugar a primeira actividade do ciclo Mocidade nun tempo de incerteza. Violencia sexual e normas de xénero, impulsado por Andaina de Mulleres, Asociación Cultural. 

A maxistrada da Audiencia Provincial de Barcelona e presidenta de GEMME España (Grupo Europeo de Maxistrados pola Mediación), Carme Guil, impartirá unha conferencia para falar sobre a xustiza restaurativa e a súa importancia nos delitos de violencia sexual. 

Trátase dunha chamada para reflexionar sobre o punitivismo: as leis en vigor, as medidas de protección, os castigos aplicados aos vitimarios conseguen que as vítimas sintan que as estamos escoitando? A maxistrada catalá reflexionará sobre a importancia de “focalizar a atención nas persoas, nas vítimas e nas súas necesidades, porén tamén nos vitimarios e na súa responsabilización fronte ao dano causado. Unha mirada restaurativa que poña no centro do conflito ás persoas e que nos permita xerar modelos de diálogo, de escoita activa, de empatía e na que os afectados e o resto da comunidade participen activamente”.

A cita, que conta coa colaboración do Museo, é aberta a toda a cidadanía.