"586 cantos" en Carballo

Submitted by xestor on Mar, 25/02/2025 - 22:45
21
Mar
2025
"586 cantos" en Carballo
Imaxe
586 cantos

Música en directo e imaxe dialogan neste espectáculo, idea orixinal da MICE do Museo do Pobo Galego, para poñer en valor o papel das portadoras e transmisoras da poesía popular oral. A proposta poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo, como parte da programación dos Venres Culturais, o venres, 21 de marzo, ás 21:00 horas. 

A orixe deste espectáculo é o traballo etnomusicolóxico que Dorothé Schubarth levou a cabo en Galicia, coa colaboración de Antón Santamarina, e cuxo resultado doou ao Museo hai agora dez anos. Gravacións sonoras, fotografías, transcricións de textos e partituras coas que Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal, cineastas da Asociación Memoria e Cinema, deron forma a unha montaxe audiovisual que se combina no directo coa reinterpretación musical de oito deses cantos, da man de Richi CasásFran Barcia, Tania Caamaño e Marina Vidal.

As entradas, a 5 € prezo xeral e 3 € prezo reducido, poden adquirirse nesta ligazón