A vixésima edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico impulsada polo Museo do Pobo Galego celébrase do 12 ao 16 de marzo. A programación inclúe proxeccións, cos filmes da sección competitiva e das paralelas –Impropias, Trazas e Lindes– e proxeccións para escolares. Na grella, tamén actividades para profesionais e unha sesión inaugural que renderá homenaxe ao documental O carro e o home.
As entradas, que serán gratuítas, poderán reservarse a partir do 6 de marzo.
A programación pode consultarse ao detalle na web do festival www.mice.museodopobo.gal.