Didáctica
Programas coa comunidade do ensino formal, desde a escola até a universidade.
Propostas para a aprendizaxe continua, o debate e o desexo de saber de públicos con intereses diversos explorando diferentes fórmulas de produción e transmisión do coñecemento
Título bloque 1
Escola
A visita presencial, ben sexa con modalidade libre, autónoma ou ben contando con persoal do DEAC, ten que concertarse previamente, con suficiente antelación.
Podedes solicitala premendo neste formulario
Para dúbidas e consultas podedes escribir a servizosdeac@museodopobo.gal
O horario para realizar actividades coa intervención do persoal do DEAC é de 11:00 a 14:00, de martes a venres.
Programa escolar curso 2024/25
Propostas para Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato que teñen como eixo a poesía popular oral e os usos e evolucións do noso folclore. Entre elas, xogos cantados, actividades de descuberta, dinámicas relacionadas co labor de recompilación e recolla do patrimonio inmaterial, ou paseos sonoros polo Museo. Tamén, unha nova edición da MICE Petís e da MICE Petís virtual, con proxeccións de cinema etnográfico no Museo e, en liña, nos centros escolares.
Poden consultarse os programas ao completo, coas datas específicas das actividades e os prezos, nestas ligazóns:
Programa escolar para Infantil e Primaria.
Programa escolar para Secundaria e Bacharelato.
MICE Petís.
Proposta da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego coa colaboración de Severiano Casalderrey (docente e programador experto en cinema curto) e a asociación Cinema e Memoria.
Actividade dirixida a Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
As visitas autónomas son aquelas que non contan coa intervención directa do DEAC mais na que podedes coñecer os nosos contidos a través de materiais lúdicos tipo "xogo de pistas".
Documento explicativo sobre as actividades autónomas que vos ofrecemos:
A continuación tedes todos os materiais necesarios:
- INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA
Coscobellos ao cesto. Instrucións + Xogo
- PRIMARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 2º e 3º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 4º e 5º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 6º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
- SECUNDARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 1º e 2º da ESO __ Pistas Itinerario I e II + Solucións
Quebracabezas temático.
Para 3º e 4º e Bacharelato. Instrucións e solucións + folla de ruta coas pistas
A fórmula Andrade.
Percorrido matemático polo Museo do Pobo Galego. Para o ciclo da ESO.
Instrucións e solucións + Xogo
Remuíño de pistas.
Xogo de pistas en diferentes idiomas pensado especialmente para centros en intercambio.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal
Para reforzar a orientación no Museo durante as visitas autónomas podedes traer impreso este Plano do Museo
Guía de Contidos. Roteiros polo Museo
Roteiro 1.pdf roteiro 2.pdf roteiro 3.pdf roteiro 4.pdf roteiro 5.pdf roteiro 6.pdf
O Ciclo Festivo
Recursos didácticos
Para traballar co ciclo festivo nos diferentes cursos de Infantil e primeiro de Primaria.
MICE Petís
Proposta para mergullarse no cinema de corte etnográfico no Museo na semana de celebración do noso Festival.
Dispoñíbel a modalidade virtual para Infantil, Primaria e Secundaria. A partir do 16 de marzo.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal.
Para consultar o programa da MICE Petís 2025 escribide a servizosdeac@museodopobo.gal
Caderniños didácticos
Canteiría
Embarcacións tradicionais
Música
O Entroido
Olaría
O pan
Os muíños
Os xogos
O tecido
O traxe
O viño
Antonio Fraguas Fraguas
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"
Título bloque 2
Outros colectivos
Contacta con servizosdeac@museodopobo.gal para marcar a túa visita ao Museo en grupo.
Non hai contido que amosar para esta sección.
Unha proposta para reflexionar sobre o proceso que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. A voltas co baile, quere facilitar un espazo para o estudo deste elemento tan vivo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.