Biblioteca Antonio Fraguas Fraguas

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:58
Imaxe slider páxina
Biblioteca Fraguas

Biblioteca Antonio Fraguas Fraguas

Foi o segundo presidente do Padroado e director do Museo. Catedrático de Ensino Secundario, Cronista Oficial de Galicia, destacado historiador e etnógrafo, grande coñecedor da literatura popular. Tamén foi membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega das Ciencias e correspondente da Real Academia da Historia, entre outras. A súa longa vida, xunto á grande capacidade de traballo e o seu afán compilador, fan da súa biblioteca e arquivo un fondo documental a través do cal se pode coñecer e estudar todo un século da cultura galega.

En 1994 donou ao Museo a súa biblioteca particular, da que poderíamos destacar as diversas Historia de Galicia de Vicetto e Murguía ou o importante conxunto de programas de festas patronais de Betanzos e Santiago entre finais do século XIX ata finais do século XX. Á doazón inicial foron engadíndose continuas achegas ata o seu pasamento en 1999.

Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999