Accesibilidade

Submitted by admin on Wed, 01/13/2021 - 12:48
Imaxe slider páxina
Imaxe slider accesibilidade

Accesibilidade

As características arquitectónicas do edificio de San Domingos de Bonaval, sede do Museo, dificultan a accesibilidade ás persoas en situación de mobilidade reducida. O Padroado do Museo do Pobo Galego adoptou as medidas posibles para garantir o acceso de todas as persoas ás instalacións abertas ao público, pero este ten que realizarse por un lugar diferente do habitual. Debe ser comunicado con antelación ao Museo ben mediante contacto previo ou dirixíndose ao persoal de recepción, coa finalidade de acompañar a persoa demandante ao interior do Museo pola entrada habilitada.

Aínda que a Igrexa de San Domingos de Bonaval e o Panteón de Galegos Ilustres non forman parte do Museo, este ten encargada a función de facilitar o acceso a estas dependencias a través das súas instalacións, polo que se informa que estas dependencias non teñen actualmente acceso habilitado para persoas con mobilidade reducida.