Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

 

A Biblioteca inicia a súa andaina coa creación do Museo do Pobo Galego no ano 1977. Ten como obxectivo, amais de apoiar os programas de investigación e actividades propias do Museo, ser un referente bibliográfico para a cultura galega principalmente no campo das humanidades.

Acada os 100.000 volumes no tocante a monografías e supera os 2.000 títulos de publicacións periódicas. Os fondos proceden na súa meirande parte das doazóns (85%) realizadas polos membros do Museo (socios e patróns) ou particulares e xunto ás achegas ou intercambio institucionais (12%) conforman o acerbo bibliográfico do Museo.

De uso público pero de titularidade privada foi declarada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese para Galicia, no ano 2012.

Conta coas bibliotecas privadas de:

  • Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas" (Ourense 1907-Lobeira, 1989)
  • Xesús Taboada Chivite (Verín, 1907-1976)
  • Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905- Santiago, 1999)
  • Antonio Rodríguez Fraiz(Cerdedo, 1912- Campañó, 1995)
  • Fermín Bouza Brey (Ponteareas 1901-1973)
  • Manuel Beiras García(Santiago, 1904-1996)
  • Gustavo Santiago Valencia (Ourense, 1924-2008)
  • Familia Baltar (Padrón, c.1790-Santiago, 2005)

Xunto ós fondos bibliográficos unha serie de coleccións de características singulares completan a Biblioteca:

  • Fondo histórico: impresos e documentos anteriores a 1800.
  • Pergameos: colección de documentos en pergameo, s. XII-XVI.
  • Cartografía: mapas, cartas náuticas e planos, s. XVI-XX.
  • Hemeroteca: Prensa galega desde 1801 a 2000.
  • Carteis: Colección de carteis de propaganda política, culturais e turísticos.
  • Música: Colección de partituras impresas, s. XX .
  • Facticiasfollas voandeiras e impresos de temática diversa: programas de festa, folletos turísticos, coplas de Maios, letras das comparsas de Entroido entre outros.

Arquivos persoais e familiares:

  • Beiras García, M.(documentos privados e de función)
  • Blanco-Cicerón, Ricardo (documentos privados e de función)
  • Fraguas Fraguas, A.(documentos privados e de función)
  • García-Orellán, R. (documentos de investigación, 1960-2013)
  • Lorenzo Fernández, X. (documentos privados e de función)
  • Pérez Rúa, M. (documentos políticos, 1970-1985)
  • Rodríguez Fraiz, A. (documentos privados e de función)
  • Sáez Ponte, E. (documentos políticos, 1970-2000)
  • Familia Fernández (doc. familiares e notariais,1650-1976)
  • Familia Miranda (documentos familiares e de función, 1628-1855)
  • Familia Felpeto (documentos notariais e privados, 1770-1950)
  • Familia Martul-Tobío (documentos privados, 1936-1950)
  • Familia García-Martí, (correspondencia, 1938-1940)

Arquivos de entidades/asociacións:

  • Unidade Galega (1960-1990)
  • Club Nacionalista Alén Nós

Arquivos empresariais:

  • La Artística-Alonarti-Vigo (libros de caixa, recibos e pedidos comerciais (1960-1990)
  • Fundicións Franco-Santiago (recibos e pedidos comerciais)

Servizos

  • Acceso libre e gratuíto.
  • Préstamo en sala (o domiciliario está restrinxido aos socios do Museo)
  • Atención de consultas presenciais, teléfono, correo postal e electrónico
  • Orientación bibliográfica e asesoramento sobre a utilización dos documentos.
  • Catálogo OPAC e na rede a través da paxina web do Museo.
  • Servizo de reprografía (Limitación de reprodución segundo a obra solicitada. Este servizo ten un custe para o usuario).
  • Visitas guiadas e outras actividades de difusión e pedagóxicas

Horario

  • De martes a xoves: de 10.00-14.00 e de 16.00-19.00 horas
    Luns e venres: previo aviso
  • Correo electrónico: biblioteca@museodopobo.gal
  • Tfno.: 981-58-36-20
  • Responsable: Rosa M° Méndez García

Acceso á Biblioteca online

Biblioteca online

Acceso á Biblioteca online

Horario da biblioteca

Horario do Museo

De Martes a Xoves:
de 10.00-14.00 e de 16.00-19.00 horas

Luns e venres:
previo aviso



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade