Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

DOCUMENTS

Services offered by the Museum

NEWS

News related to the museum

Rosa Sánchez e Pablo Carpinteiro ceden o seu arquivo musical ao Arquivo do Patrimonio Oral (APOI)

11-12-2019

Nova achega ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. Rosa Sánchez e Pablo Carpinteiro, persoas vencelladas á música tradicional e á recollida de testemuñas orais, cederon o seu fondo de case 700 horas de gravacións de campo ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). continues;

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición que conmemora o centenario da Revista Nós

09-12-2019

A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura en colaboración co Museo do Pobo Galego inaugura este mércores 11 de decembro a exposición 'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'. O acto terá lugar ás 17h30 no Claustro do Museo do Pobo Galego. continues;

O Museo do Pobo Galego pecha o ano de Antonio Fraguas con novas actividades

04-12-2019

Unha mostra de postais de Nadal pertencente á correspondencia de Antonio Fraguas e o concerto do grupo Oradaladou baseado no 'Cantigueiro de Cotobade' son as actividades para este mes de decembro que pechan o ano Fraguas. continues;

Os 'Cadernos Ramón Piñeiro' dedican un número a Antonio Fraguas

03-12-2019

O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación do novo número dos 'Cadernos Ramón Piñeiro XXXIX. Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal' dedicado a Fraguas, director e presidente do Padroado do Museo e homenaxeado das Letras Galegas en 2019.continues;

O simposio das Letras Galegas continúa no Museo do Pobo Galego centrado no Fraguas docente, xeógrafo, arqueólogo e etnógrafo

27-11-2019

O Simposio Antonio Fraguas continúa hoxe e mañá no Museo do Pobo Galego con máis dunha ducia de relatorios que profundarán nas achegas do protagonista do Día das Letras Galegas ao campo da etnografía e do folclore, o que cultivou con maior intensidade, mais tamén á xeografía e á arqueoloxía, ás que contribuíu igualmente dende os anos de mocidade como membro do Seminario de Estudos Galegos. continues;

O Simposio Antonio Fraguas profunda no legado do protagonista das Letras Galegas 2019 con tres xornadas entre A Coruña e Santiago 

25-11-2019

O Simposio Antonio Fraguas poralle o ramo á celebración das Letras Galegas 2019 cun programa que arrincará o martes 26 de novembro na Real Academia Galega e continuará os días 27 e 28 no Museo do Pobo Galego. Ambas as institucións, o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación Antonio Fraguas organizan conxuntamente este encontro, que xuntará unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no seu legado nos estudos de etnografía e folclore, xeografía e arqueoloxía.continues;

Presentación do libro "Xesús Taboada Chivite: Dende o seu Fisterre Tamagán" en Verín

22-11-2019

Este volume recolle o total da produción escrita e a correspondencia de Taboada Chivite, natural do concello de Verín, que foi arqueólogo, historiador e un dos membros fundadores do Museo do Pobo Galego.continues;

Comezo das obras de rehabilitación na ala sur de San Domingos de Bonaval

21-11-2019

continues;

O Museo do Pobo Galego, premio San Martiño á normalización lingüística

14-11-2019

Novo recoñecemento ao Museo do Pobo Galego co Premio San Martiño de Normalización Lingüística na categoría de ‘Toda unha vida’ na defensa do galego. continues;

Presentación do libro "A cantería tradicional" de José Cernadas

14-11-2019

Terá lugar o xoves 14 de novembro ás 19h30 no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Na presentación participarán o autor do libro, José Cernadas, e de Manuel Caamaño, patrón do MPG. continues;

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre o prazo de recepción para a súa 15ª edición

07-11-2019

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do  Museo do Pobo Galego, que se desenvolverá entre o 23 e o 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da XV edición da mostra.continues;

A mostra “O soño cubano da emigración galega” no Museo do Pobo Galego

06-11-2019

A inaguración da exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega, terá lugar o xoves 7 de novembro ás 19h00 e poderá verse no claustro baixo do museo ata o vindeiro 3 de decembro.continues;

Ofrenda floral a Antonio Fraguas no 20º cabodano do seu pasamento

05-11-2019

Este martes 5 de novembro, con motivo do 20º cabodano do pasamento de Antonio Fraguas, ofreceráselle unha ofrenda floral ás 13:00h no Cemiterio de Boisaca. continues;

Inauguración dos traballos premiados na XI edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

26-10-2019

O Museo do Pobo Galego acollerá este sábado 26 de outubro ás 12h00 a inauguración e exposición pública dos proxectos educativos gañadores na XI edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. A mostra poderase ver dende este 26 de outubro ao 30 de novembro.continues;

Novo convenio de colaboración entre o Museo do Pobo e a Consellería de Cultura e Turismo

25-10-2019

O presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para o impulso de actividades culturais conxuntas.continues;

O Museo do Pobo Galego, premio San Martiño á normalización lingüística

23-10-2019

O Museo do Pobo Galego recibe o Premio San Martiño á normalización na modalidade "Toda unha vida" na defensa da lingua e a cultura galega. continues;

O MUSEO DO POBO GALEGO, PREMIO FERNÁNDEZ-LATORRE

16-10-2019

O Museo do Pobo Galego recibe o Premio Fernández Latorre na súa 61.ª edición en recoñecemento a unha longa traxectoria de traballo e esforzo a prol da cultura de Galicia no seu sentido máis amplo.continues;

Inauguración da mostra "Son de Galicia"

10-10-2019

O Museo do Pobo Galego acolle hoxe xoves 10 de outubro ás 20h00 a inauguración da exposición “Son de Galicia. Canto, música, baile e teatro dos coros”, unha proposta do Consello da Cultura Galega que ten como fin divulgar o papel que tiveron os coros galegos no desenvolvemento da cultura galega do século XX.continues;

O Museo do Pobo Galego recibe en depósito 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro

26-09-2019

O Museo do Pobo Galego verá ampliada a súa colección de indumentaria grazas ao depósito dun fondo de 40 pezas de roupa feminina, datadas nos séculos XIX e XX e procedentes da Fundación Rosalía de Castro.continues;

O presidente do Padroado, Justo Beramendi,

19-09-2019

continues;

Último mes para visitar a exposición 'Galicia Máxica: Romarías e santuarios' no Museo do Pobo Galego

28-08-2019

As máis de oitenta fotografías etnográficas realizadas na década dos 60 por Gustav Henningsen amosan os santuarios e as romerías galegas máis significativas, dende a Nosa Señora do Corpiño á romaría de A Franqueira. No mes de setembro retómanse as visitias guiadas gratuítas da man de David Conde, comisario da mostra, que terán lugar os mércores 4, 11 e 18 ás 17h30 da tarde. continues;

Presentación de Mouros e Cristiáns, de X.M. González Reboredo

10-08-2019

Sábado 10 de agosto preséntase en Mouruás (San Xoán de Río, Ourense) o libro do patrón X.M. González Reboredo, Festas con representación de Mouros e Cristiáns en Galicia e terras do Noroeste veciñas.continues;

O MUSEO DO POBO GALEGO, PREMIO FERNÁNDEZ-LATORRE

25-07-2019

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre concedeu o Premio Fernández Latorre na súa 61.ª edición ao Museo do Pobo Galego, en recoñecemento a unha longa traxectoria de traballo e esforzo a prol da cultura de Galicia no seu sentido máis amplo.continues;

PECHE DAS SALAS DE PRENSA E IMPRENTA E DE OFICIOS URBANOS

10-07-2019

A partir do 15 de xullo procederase ao peche das salas "De impresores e encadernadores, do libro e da prensa" e mais "Oficios urbanos", para iniciar as obras de rehabilitación da ala sur do edificio de San Domingos de Bonaval.continues;

Prorrogada a exposición Entre Amigos

27-06-2019

A X Mostra de fotografía etnográfica de socias e socios do Museo do Pobo Galego prorrógase ata o 8 de setembro.continues;

Manuel Vilar Álvarez, novo director do Museo do Pobo Galego

28-05-2019

O Padroado do Museo do Pobo Galego, na asemblea celebrada o sábado 25 de maio, acordou por unanimidade confiar a Manuel Vilar Álvarez a dirección do Museo, vacante polo falecemento de Carlos García Martínez.continues;

A CANTERÍA TRADICIONAL, novo título da serie Cadermos do MPG

30-04-2019

As socias e socios do Museo están a recibir estes días nos seus domicilios "A cantería tradicional", de José Cernadas Sande. Con esta nova publicación, patrocinada pola Deputación da Coruña, reactívase a serie Cadernos do Museo do Pobo Galego.continues;

Antonio Fraguas Fraguas homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019

07-07-2018

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2018.- O Museo do Pobo Galego e mais a Fundación Antonio Fraguas Fraguas acollen con extraordinaria satisfacción a decisión da Real Academia Galega de dedicar o día das Letras Galgas 2019 a don Antonio Fraguas Fraguas. continues;

Entrega de Premios da XI Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguasa

28-06-2018

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas entrega os premios do XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. O acto estará presidido polo presidente da Fundación, Justo Beramendi, polo secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García e pola concelleira responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela. continues;

Programa escolar Secundaria, Bacharelatos e Ciclos Formativos 2017/18

21-09-2017

propostas para visitar o Museo con actividades dirixidas polo DEAC ou autónomas. continues;

O Museo do Pobo Galego recibe o premio Alecrin da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña

11-08-2017

Venres 11 de agosto ás 12 horas, no Castro Caldelas, a Federación de Entidades Culturais galegas en Catalunya fará entrega ao Museo do Pobo Galego o Alecrín na modalidade de Institucións Culturais.continues;

O Museo do Pobo Galego, premiado pola Fundación Paco Lareo - A Solaina

15-07-2017

A Fundación Paco Lareo "A Solaina" entrega o próximo sábado 15 de xullo a medalla de "Amigo da Solaina" ao Museo do Pobo Galego.continues;

Mesa redonda arredor da figura de Victoriano García Martí

28-06-2017

Mércores 28 de xuño ás 19:30continues;

A Romaría Raigame homenaxea ao Museo do Pobo Galego

17-05-2017

Como cada Día das Letras Galegas desde hai dezaseis anos, Vilanova das Infantas será o escenario da popular tomaría etnográfica que coorganizan a Deputación de Ourense e o Concello de Celanova. Nesta edición celébranse os 40 anos de traxectoria do Museo do Pobo Galego, que recibirá o premio honorífico "Adolfo Enríquez” (nome do defunto párroco de Celanova), que recoñece o traballo de persoas e institucións en prol da recuperación, o estudo e a difusión da cultura tradicional.continues;

O Museo do Pobo Galego sobe á Cidade da Cultura

19-04-2017

A exposición "Da árbore á cadeira" conta cunha sección dedicada ao oficio dos carpinteros, que reúne unha representación das coleccións do MPG.continues;

A Federación de Redeiras deposita a medalla ao traballo no Museo do Pobo Galego

12-04-2017

O día 8 de abril tivo lugar a recepción da Medalla de Ouro ao Mérito ao Traballo, concedida en 2016 á Federación de Redeiras Artesás de Galicia “O Peirao” polo Goberno español, en premio ao seu esforzo para lograr o recoñecemento profesional e a igualdade de dereitos no traballo, así como a achega do colectivo ao patrimonio cultural de Galicia.continues;

ARQUIVO DO PATRIMONIO ORAL DA IDENTIDADE

23-03-2017

A partir da última semana de marzo, o APOI cambia o seu enderezo dixital. Estaremos en www.apoi.museodopobo.gal continues;

TEÑO UN MUSEO

12-01-2017

Campaña de captación de socias e socios do MPG.continues;

CHRISTMAS AND NEW YEAR. EXTRAORDINARY SCHEDULE

20-12-2016

On the occasion of Christmas, New Year and Epiphany, the museum fits its schedule. Saturday 24, Sunday 31 and Thursday, January 5, will open from 11:00 to 14:00. Sundays 25 and 31 December and Friday, January 6 Museum will be closed.continues;

Xa podes descargar "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva"

22-09-2016

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzheimer, AGADEA e o Museo do Pobo Galego presentan unha guía de recursos asociados aos contidos do Museo, para as terapias dirixidas ás persoas afectadas.continues;

Pasamento de Fernando Acuña Castroviejo

13-09-2016

O Museo do Pobo Galego súmase ás condolencias polo pasamento de Fernando Acuña Castroviejo (10/04/1945 - 13/09/2016)continues;

As Irmandades da Fala no Museo do Pobo Galego

07-07-2016

"Saúde e terra irmá(n)s!" é a nova exposición do Museo do Pobo Galego, realizada en colaboración coa Real Academia Galega e a Deputación da Coruña. continues;

Entrega dos X Premios Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

30-06-2016

O CPI Plurilingüe de Vedra e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos recollen o X Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.continues;

A Fundación Antonio Fraguas premia proxectos didácticos de Vedra e Monforte de Lemos

21-06-2016

A X edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas permitirá desenvolver traballos no CPI Plurilingüe de Vedra e no IES A Pinguela de Monforte de Lemos. continues;

Palmarés 11#MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico)

18-06-2016

Palmarés da Mostra Internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego.continues;

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE ETNOGRÁFICO

13-06-2016

Mostra Internacional de cine etnográfico Clip Programa concurso from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

continues;

X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

12-05-2016

Ata o 31 de maio está aberto o prazo de presentación. O proxecto didáctico Antonio Fraguas está integrado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Plan Proxecta. Con el preténdese alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.continues;

MANUEL MARÍA, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

10-05-2016

Mostra bio-bibliográficacontinues;

O Museo do Pobo Galego participa na conmemoración do centenario das Irmandades da Fala

14-03-2016

Hai cen anos nacían na Coruña as Irmandades da Fala, un movemento social e político que tiña por fin promover a cultura galega en diversos ámbitos. A súa traxectoria, influencia e legado serán homenaxeados con varios actos durante todo o ano. O Museo do Pobo Galego acolleu este luns a presentación do programa no que colaboran institucións como a Xunta de Galicia, as catro Deputacións, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o propio Museo.continues;

Deducións de doazóns ao Museo do Pobo Galego a partir do 1 de xaneiro de 2016

29-12-2015

As persoas físicas poderán deducir o 75% das doazóns ata 150 euros anuais, e o 30% do resto en cantidades superiores. Para as persoas xurídicas (socios institucionais) a dedución será do 35%.continues;

EDUCATIONAL PROJECT ANTONIO FRAGUAS INTEGRATES INTO PLAN PROXECTA

04-08-2015

The didactic project "Antonio Fraguas" integrates in the Plan Proxecta in the next school year. The Plan Proxecta is an initiative of educational innovation of the Education Council of the government of Galicia.continues;

Premio "Mejor Museo de Santiago de Compostela" da páxina Salir.com

09-07-2015

A páxina Salir.com recoñece ao Museo do Pobo Galego coma "Mejor Museo de Santiago de Compostela"continues;

Pasamento de Baldomero Pestana

08-07-2015

O Museo do Pobo Galego súmase ás condolencias polo pasamento de Baldomero Pestana (01/01/1918 - 07/07/2015)continues;

Centenario do nacemento de Ramón Piñeiro

31-05-2015

Domingo 31 de maio de 2015 celébrase o centenario do nacemento de Ramón Piñeiro López en Armeá de Abaixo (Lama, Láncara) en 1915.continues;

Resultado das eleccións de representantes no Padroado

11-05-2015

O pasado sábado 9 de maio celebráronse eleccións de representantes das socias e socios no Padroado do MPG. Resultaron elixidas Fani Lodeiro, Eduardo Otero, Quico Cadaval, Xosé Antonio Silveira, José María Laredo e Tino Viz.continues;

Novos correos electrónicos .gal

29-04-2015

Xa están operativas as novas contas de correo electrónico co dominio .gal. Para máis detalle pinchar aquí.continues;

Presentación de Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

26-03-2015

Xoves 26 de marzo, ás 20:30, preséntase en Gondomar o volume, compendio e desenvolvemento dos foros organizados polo Instituto de Estudos das Identidades, coeditado por Xerais e o Museo do Pobo Galego.continues;

Presentación do nº 9 de Adra

14-03-2015

O nº 9 de Adra, revista das socias e socios do MPG, presentouse o sábado 14 de marzo na igrexa de Santa María de Abades (Silleda). continues;

Conclusións e informe do Proxecto ECPEME do Plan nacional de I+D+i no que participou o Museo

13-03-2015

Avaliación cualitativa de programas educativos de Museos españois é un proxecto acollido ao plan da Dirección Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i http://ecpeme.com/ continues;

Presentación de Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

26-02-2015

Xoves 5 de febreiro, ás 20h00, preséntase en Gondomar o volume, compendio e desenvolvemento dos foros organizados polo Instituto de Estudos das Identidades, coeditado por Xerais e o Museo do Pobo Galego.continues;

Faleceu o socio Gerardo Pereira Menaut

16-02-2015

O prof. Gerardo Pereira Menaut, catedrático de Historia antiga da USC, faleceu este domingo 15 de febreiro. Socio do Museo desde que se incorporou á Universidade compostelá, participou moi activamente nos anos do cambio de século, promovendo os Encontros sobre o Feito Diferencial Galego e a edición das correspondentes actas.continues;

Felipe Arias Vilas, chairego de honra

16-02-2015

O patrón Felipe Arias Vilas, ata hai pouco director do Museo do Castro de Viladonga, foi distinguido co título de Chairego de Honra pola Asociación Xermolos. O acto terá lugar sábado 21 de febreiro ás 12:00 no Museo do Castro de Viladonga.continues;

Faleceu dona Mireya Dieste de Baltar

02-02-2015

O 29 de xaneiro faleceu en A Coruña, aos cen anos, dona Mireya Dieste Fernández, viúva do Dr. Antonio Baltar Domínguez e sobriña do escritor Rafael Dieste. O Museo do Pobo Galego quere deixar constancia da súa condolencia. continues;

Doazón do arquivo sonoro de Dorothé Schubarth

27-11-2014

O 27 de novembro tivo lugar a sinatura da acta de doazón do que, a partir dese acto, pasa a denominarse Arquivo sonoro do Cancioneiro popular galego Schubarth/Santamarina. Os asinantes son Dorothé Schubarth, Antón Santamarina e, por parte do Museo, o director, Carlos García Martínez.continues;

XA ESTAMOS EN .GAL!!

13-11-2014

A Fase de Lanzamento do dominio .gal está aberta ata o 18 de novembro. Os grupos con dereitos preferentes poden solicitar o dominio dentro dunha das cinco categorías dispoñibles.continues;

VISITA DOS DIRECTIVOS DE FEIRACO

20-02-2014

O 19 de febreiro recibiuse a visita dos membros da directiva da cooperativa Feiraco, José Montes, presidente, e José Luis Antuña, director xeral, que foron recibidos polo presidente do Padroado, Justo Beramendi, o presidente da Xunta Reitora, Francisco Fariña e a subdirectora, María Xosé Fernández.continues;

VIII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

10-12-2013

Domingo 15 de decembro clausúrase no Museo do Pobo Galego a exposición dos traballos premiados no curso 2012-2013.continues;

Premios da Cultura Galega 2013

30-10-2013

O Premio da Cultura Galega 2013 na modalidade de Patrimonio cultural recaeu no Museo do Castro de Viladonga, que dirixe o patrón do MPG Felipe Arias Vilas.continues;

Galicia consegue o dominio .gal

19-06-2013

A Asociación Puntogal, da que o Museo do Pobo Galego forma parte, acadou o obxectivo de que Galicia teña un dominio de seu na rede.continues;

ADRA, revista das socias e socios do Museo do Pobo Galego

30-04-2013

Publícase o nº 7 do anuario que edita a Oficina dos Socios do MPG.continues;

O Museo do Pobo Galego recibe o TROFEO GALEGUIDADE 2013 da Enxebre Orde da Vieira

21-01-2013

O xurado dos TROFEOS GALEGUIDADE, que convoca anualmente o Consello da Enxebre Orde da Vieira, acordou propoñer para o TROFEO A PERSOA XURÍDICA ao MUSEO DO POBO GALEGO pola súa prestixiosa traxectoria ao servizo da identidade galega, e por ser un dos máis significados referentes da nosa cultura.continues;

PROGRAMACIÓN ESCOLAR 2012/13

24-09-2012

O Departamento de Educación e Acción Cultural pon a vosa disposición novas posibilidades para achegarse ao Museo desde a escola, ademais do xa clásico servizo de visitas guiadas polo persoal do DEAC. continues;

Proposta de lei do Panteón de Galicia

18-02-2011

Unha comisión integrada por representantes do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as fundacións Rosalía de Castro, Alfredo Brañas e Castelao entregoulle o 17 de febreiro á presidenta do Parlamento de Galicia o borrador dunha proposta de lei para a súa tramitación.continues;

Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy