Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

DOCUMENTOS

Servizos que ofrece o Museo

NOVAS

Novas relacionadas co museo

Xoves 14 de xullo, ás 19:00h: A Coruña

14-09-2017

Desde o seu nacemento, o Museo do Pobo Galego quixo ser algo máis que un depósito de obxectos e un relato do pasado. Por iso coidamos axeitado incluír no programa conmemorativo do noso 40 aniversario un ciclo de foros, nos que convidamos a sociedade a albiscar como ha ser Galicia no futuro inmediato dende a reflexión sobre os cambios habidos nas últimas catro décadas....continúa »

O Museo do Pobo Galego recibe o premio Alecrin da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña

11-08-2017

Venres 11 de agosto ás 12 horas, no Castro Caldelas, a Federación de Entidades Culturais galegas en Catalunya fará entrega ao Museo do Pobo Galego do premio Alecrín na modalidade de Institucións Culturais....continúa »

O Museo do Pobo Galego, premiado pola Fundación Paco Lareo - A Solaina

15-07-2017

A Fundación Paco Lareo "A Solaina" entrega o próximo sábado 15 de xullo a medalla de "Amigo da Solaina" ao Museo do Pobo Galego....continúa »

L'eau Sacrée e Esquece Monelos gañan a 12 MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

04-06-2017

Premio á Mellor Película e Premio do Público para o filme de Olivier Jourdain. A Mellor Película Galega desta edición foi para o xurado, "Esquece Monelos"....continúa »

Descarga aquí o catálogo 12 MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

29-05-2017

Catálogo en PDF 12 MICE....continúa »

A Romaría Raigame homenaxea ao Museo do Pobo Galego

17-05-2017

Como cada Día das Letras Galegas desde hai dezaseis anos, Vilanova das Infantas será o escenario da popular tomaría etnográfica que coorganizan a Deputación de Ourense e o Concello de Celanova. Nesta edición celébranse os 40 anos de traxectoria do Museo do Pobo Galego, que recibirá o premio honorífico "Adolfo Enríquez” (nome do defunto párroco de Celanova), que recoñece o traballo de persoas e institucións en prol da recuperación, o estudo e a difusión da cultura tradicional....continúa »

O Museo sobe á Cidade da Cultura

19-04-2017

A exposición "Da árbore á cadeira" conta cunha sección dedicada ao oficio dos carpinteiros, que reúne unha representación das coleccións do MPG....continúa »

ARQUIVO DO PATRIMONIO ORAL DA IDENTIDADE

23-03-2017

O APOI cambia o seu enderezo dixital. Estamos en apoi.museodopobo.gal ...continúa »

TEÑO UN MUSEO

12-01-2017

Campaña de captación de socias e socios do MPG....continúa »

NADAL E ANINOVO. HORARIO EXTRAORDINARIO

20-12-2016

Co gallo das festas de Nadal, Aninovo e Reis, o Museo adapta o seu horario. Os días sábado 24, sábado 31 e xoves 5 de xaneiro, abriremos de 11:00 a 14:00 horas. Os domingos 25 e 31 de decembro e venres 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado....continúa »

Xa podes descargar "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva"

22-09-2016

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzheimer, AGADEA e o Museo do Pobo Galego presentan unha guía de recursos asociados aos contidos do Museo, para as terapias dirixidas ás persoas afectadas....continúa »

Pasamento de Fernando Acuña Castroviejo

13-09-2016

O Museo do Pobo Galego súmase ás condolencias polo pasamento de Fernando Acuña Castroviejo (10/04/1945 - 13/09/2016)...continúa »

Últimos días: As Irmandades da Fala no Museo do Pobo Galego

07-07-2016

Xoves 4 de agosto remata a exposición "Saúde e terra irmá(n)s!", realizada polo Museo do Pobo Galego en colaboración coa Real Academia Galega e a Deputación da Coruña. ...continúa »

Entrega dos X Premios Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

30-06-2016

O CPI Plurilingüe de Vedra e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos recollen o X Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas....continúa »

A Fundación Antonio Fraguas premia proxectos didácticos de Vedra e Monforte de Lemos

21-06-2016

A X edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas permitirá desenvolver traballos no CPI Plurilingüe de Vedra e no IES A Pinguela de Monforte de Lemos. ...continúa »

Palmarés 11#MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico)

18-06-2016

Palmarés da Mostra Internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego....continúa »

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico. Videopresentación Sección Concurso.

13-06-2016

Mostra Internacional de Cine Etnográfico. Películas a concurso. from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

...continúa »

X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

12-05-2016

O luns 20 reuniuse o xurado. O proxecto didáctico Antonio Fraguas está integrado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Plan Proxecta. Con el preténdese alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural....continúa »

MANUEL MARÍA, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

10-05-2016

Mostra bio-bibliográfica...continúa »

O Museo do Pobo Galego participa na conmemoración do centenario das Irmandades da Fala

14-03-2016

Hai cen anos nacían na Coruña as Irmandades da Fala, un movemento social e político que tiña por fin promover a cultura galega en diversos ámbitos. A súa traxectoria, influencia e legado serán celebrados con varios actos durante todo o ano. O Museo do Pobo Galego acolleu este luns a presentación do programa no que colaboran institucións como a Xunta de Galicia, as catro Deputacións, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o propio Museo....continúa »

Deducións das doazóns ao Museo do Pobo Galego a partir do 1 de xaneiro de 2016

29-12-2015

As persoas físicas poderán deducir o 75% das doazóns ata 150 euros anuais, e o 30% do resto en cantidades superiores. Para as persoas xurídicas (socios institucionais) a dedución será do 35%....continúa »

O PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS INTÉGRASE NO PLAN PROXECTA

04-08-2015

Para o vindeiro curso académico 15-16, o Proxecto Didáctico intégrase no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ...continúa »

Premio "Mejor Museo de Santiago de Compostela" da páxina Salir.com

09-07-2015

A páxina Salir.com recoñece ao Museo do Pobo Galego coma "Mejor Museo de Santiago de Compostela"...continúa »

Pasamento de Baldomero Pestana

08-07-2015

O Museo do Pobo Galego súmase ás condolencias polo pasamento de Baldomero Pestana (01/01/1918 - 07/07/2015)...continúa »

Centenario do nacemento de Ramón Piñeiro

31-05-2015

Domingo 31 de maio de 2015 celébrase o centenario do nacemento de Ramón Piñeiro López en Armeá de Abaixo (Lama, Láncara) en 1915....continúa »

Resultado das eleccións de representantes no Padroado

11-05-2015

Sábado 9 de maio celebráronse eleccións de representantes das socias e socios no Padroado do MPG. Resultaron elixidas Fani Lodeiro, Eduardo Otero, Quico Cadaval, Xosé Antonio Silveira, José María Laredo e Tino Viz....continúa »

Novos correos electrónicos .gal

29-04-2015

Xa están operativas as novas contas de correo electrónico co dominio .gal. Para máis detalle pinchar aquí....continúa »

Presentación de Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

26-03-2015

Xoves 26 de marzo, ás 20:30, preséntase en Gondomar o volume, compendio e desenvolvemento dos foros organizados polo Instituto de Estudos das Identidades, coeditado por Xerais e o Museo do Pobo Galego....continúa »

Presentación do nº 9 de Adra

14-03-2015

O nº 9 de Adra, revista das socias e socios do MPG, presentouse o sábado 14 de marzo na igrexa de Santa María de Abades (Silleda). ...continúa »

Conclusións e informe do Proxecto ECPEME do Plan nacional de I+D+i no que participou o Museo

13-03-2015

Avaliación cualitativa de programas educativos de Museos españois é un proxecto acollido ao plan da Dirección Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i http://ecpeme.com/ ...continúa »

Presentación de Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico

26-02-2015

Xoves 5 de febreiro, ás 20h00, preséntase en Gondomar o volume, compendio e desenvolvemento dos foros organizados polo Instituto de Estudos das Identidades, coeditado por Xerais e o Museo do Pobo Galego....continúa »

Faleceu o socio Gerardo Pereira Menaut

16-02-2015

O prof. Gerardo Pereira Menaut, catedrático de Historia antiga da USC, faleceu este domingo 15 de febreiro. Socio do Museo desde que se incorporou á Universidade compostelá, participou moi activamente nos anos do cambio de século, promovendo os Encontros sobre o Feito Diferencial Galego e a edición das correspondentes actas....continúa »

Felipe Arias Vilas, chairego de honra

16-02-2015

O patrón Felipe Arias Vilas, ata hai pouco director do Museo do Castro de Viladonga, foi distinguido co título de Chairego de Honra pola Asociación Xermolos. O acto terá lugar sábado 21 de febreiro ás 12:00 no Museo do Castro de Viladonga....continúa »

Faleceu dona Mireya Dieste de Baltar

02-02-2015

O 29 de xaneiro faleceu en A Coruña, aos cen anos, dona Mireya Dieste Fernández, viúva do Dr. Antonio Baltar Domínguez e sobriña do escritor Rafael Dieste. O Museo do Pobo Galego quere deixar constancia da súa condolencia. ...continúa »

Doazón do arquivo sonoro de Dorothé Schubarth

27-11-2014

O 27 de novembro tivo lugar a sinatura da acta de doazón do que, a partir dese acto, pasa a denominarse Arquivo sonoro do Cancioneiro popular galego Schubarth/Santamarina. Os asinantes son Dorothé Schubarth, Antón Santamarina e, por parte do Museo, o director, Carlos García Martínez....continúa »

XA ESTAMOS EN .GAL!!

13-11-2014

A Fase de Lanzamento do dominio .gal está aberta ata o 18 de novembro. Os grupos con dereitos preferentes poden solicitar o dominio dentro dunha das cinco categorías dispoñibles....continúa »

VISITA DOS DIRECTIVOS DE FEIRACO

20-02-2014

O 19 de febreiro recibiuse a visita dos membros da directiva da cooperativa Feiraco, José Montes, presidente, e José Luis Antuña, director xeral, que foron recibidos polo presidente do Padroado, Justo Beramendi, o presidente da Xunta Reitora, Francisco Fariña e a subdirectora, María Xosé Fernández....continúa »

Medalla de honor da Real Academia Galega de Belas Artes para o Museo do Pobo Galego

27-01-2014

O pasado sábado 25, en A Coruña, tivo lugar o acto de entrega....continúa »

VIII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

10-12-2013

Domingo 15 de decembro clausúrase no Museo do Pobo Galego a exposición dos traballos premiados no curso 2012-2013....continúa »

Premios da Cultura Galega 2013

30-10-2013

O Premio da Cultura Galega 2013 na modalidade de Patrimonio cultural recaeu no Museo do Castro de Viladonga, que dirixe o patrón do MPG Felipe Arias Vilas....continúa »

Galicia consegue o dominio .gal

19-06-2013

A Asociación Puntogal, da que o Museo do Pobo Galego forma parte, acadou o obxectivo de que Galicia teña un dominio de seu na rede....continúa »

ADRA, revista das socias e socios do Museo do Pobo Galego

30-04-2013

Publícase o nº 7 do anuario que edita a Oficina dos Socios do MPG....continúa »

O Museo do Pobo Galego recibe o TROFEO GALEGUIDADE 2013 da Enxebre Orde da Vieira

21-01-2013

O xurado dos TROFEOS GALEGUIDADE, que convoca anualmente o Consello da Enxebre Orde da Vieira, acordou propoñer para o TROFEO A PERSOA XURÍDICA ao MUSEO DO POBO GALEGO pola súa prestixiosa traxectoria ao servizo da identidade galega, e por ser un dos máis significados referentes da nosa cultura....continúa »

PROGRAMACIÓN ESCOLAR 2012/13

24-09-2012

O Departamento de Educación e Acción Cultural pon a vosa disposición novas posibilidades para achegarse ao Museo desde a escola, ademais do xa clásico servizo de visitas guiadas polo persoal do DEAC. ...continúa »

Proposta de lei do Panteón de Galicia

18-02-2011

Unha comisión integrada por representantes do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as fundacións Rosalía de Castro, Alfredo Brañas e Castelao entregoulle o 17 de febreiro á presidenta do Parlamento de Galicia o borrador dunha proposta de lei para a súa tramitación....continúa »

Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade