Ábrese o prazo de inscrición para a décimo sexta edición da MICE - Museo do Pobo Galego, que terá lugar do 6 ao 10 de abril de 2021. Para concorrer á MICE, as obras presentadas deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
A MICE pretende achegar o cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo este tipo de cine como unha ferramenta de investigación, comunicación e creación. O festival busca xerar un espazo de diálogo e intercambio, un foro ao redor de filmes que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais, tendo como foco principal as persoas, os grupos sociais ou os procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía. Serán valorados como criterios de relevancia a importancia das cuestións abordadas, a calidade técnica e o sentido estético, a innovación tanto no temático como na maneira de comunicalo e a relevancia científica.
A inscrición poderase facer a través das plataformas Clickforfestivals e Festhome. O prazo de presentación finaliza o 8 de xaneiro de 2021 ás 23h59.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga