O Museo do Pobo Galego vén de editar nun importante volume a obra completa de Carlos García Martínez, seu anterior director, que finou en marzo de 2018. A presentación deste libro será este xoves 3 de decembro ás 18 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Inscrición requirida no correo electrónico: secretaria@museodopobo.gal
CARLOS GARCÍA MARTÍNEZ (Santiago de Compostela, 25/04/1945 – 17/03/2018) estudou Dereito na Universidade compostelá pero, xa antes de rematar a carreira, se inicia no mundo da arqueoloxía e a etnografía. Bolseiro do CSIC, ingresa como membro das Seccións de Arqueoloxía e Prehistoria e de Etnografía e Folclore do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
No Nadal de 1975 é un dos promotores do chamamento á creación do Museo do Pobo Galego. Aquela iniciativa callou no que andando o tempo había ser, en palabras de Justo Beramendi, a terceira iniciativa da sociedade civil, despois da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos. Carlos García Martínez foi, primeiro, o seu secretario e logo sucesor de don Antonio Fraguas na dirección da institución.
Seguindo a pauta marcada por insignes polígrafos como Cuevillas, Otero Pedrayo e Bouza Brey, abordou nos seus traballos materias moi diversas. Este volume é a homenaxe que o Museo do Pobo Galego lle rende en virtude de corenta e dous anos de entrega xenerosa. A esta recompilación fáltalle pouco para ser unha opera omnia, porque algúns dos seus primeiros artigos son hoxe ilocalizables nas hemerotecas.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga