Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

O Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega retoman o VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades

26-11-2020

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020. Esta semana retómase a sexta edición do Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI), que nesta ocasión se celebra baixo o título de “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura”. Este foro de reflexión sobre a identidade galega ten como fin repensala dende o século XXI, retomando o legado que deixou a Xeración Nós no ano no que se celebra o seu centenario, segundo explica a organización. O ciclo de conferencias está organizado polo Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación dos profesores universitarios Dolores Vilavedra e Uxío-Breogán Diéguez, en representación de ambas entidades.

O VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades comezou o 12 de febreiro de 2020 cunha conferencia de Daniel Innerarity, catedrático de Filosofía Política e Social da Universidade do País Vasco. Un encontro para o debate e a reflexión que debido á COVID-19 tivo que suspenderse temporalmente na primavera pasada. Esta iniciativa de longo percorrido presentará agora, logo deste obrigado parón, os seus resultados e conclusións ante o público, coa vontade de socializar as análises realizadas, fomentando o diálogo e intercambio de ideas a partir dunha posta en común co mesmo.

O foro, que está composto por cinco mesas que se celebrarán do 4 de novembro ao 2 de decembro, tratará temáticas amplas para obter un enfoque poliédrico da situación identitaria galega. Os temas das mesas son: a identidade galega nos tempos da globalización; a identidade, o patrimonio cultural e o territorio; a situación nos medios de comunicación e as novas tecnoloxías; a cultura popular, a identidade e a sociedade civil e, por último, unha mesa sobre a creación en galego no mundo globalizado.

A primeira sesión do foro terá lugar este mércores 4 de novembro ás 18h00 coa mesa dedicada a identidade cultural galega en tempos de globalización, moderada e coordinada por Paulo Carlos López, profesor no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC. Nela intervirán Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega da USC; Antía Pérez, profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC); Olga Castro, estudos de Tradución na University of Warwick.

A actividade será en liña e estará retransmitida a través da web do Consello da Cultura Galega. Non é necesaria inscrición previa. Se queres participar nos debates en directo podes facelo a través do correo participa@consellodacultura.gal

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy