Santiago de Compostela, martes 1 de decembro de 2020. Este mércores 2 de decembro terá lugar a última mesa do Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI), que nesta ocasión se celebra baixo o título de “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura”. O Auditorio do Museo do Pobo Galego acolle a quinta e última sesión este mércores ás 18h00 da tarde no Auditorio do Museo do Pobo Galego.
A mesa terá como tema central a creación en galego no mundo globalizado e estará coordinada e moderada por Manuel Blanco, escritor, economista e integrante do IEI do Museo do Pobo Galego. Na mesa participarán Manuel Núñez; Antía López, profesora de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Uxío Novo Rey, xestor cultural e xerente da Fundación Uxío Novoneyra; e Aser Álvarez, xornalista e director de Arraianos Produccións.
Este foro de reflexión sobre a identidade galega ten como fin repensala dende o século XXI, retomando o legado que deixou a Xeración Nós no ano no que se celebra o seu centenario, segundo explica a organización. O ciclo de conferencias está organizado polo Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación dos profesores universitarios Dolores Vilavedra e Uxío-Breogán Diéguez, en representación de ambas entidades.
As prazas para asistir ao acto son limitadas e acolleranse por rigorosa orde de inscrición no correo: foroiei@museodopobo.gal.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga