Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

O Museo do Pobo Galego acollerá a primeira edición do ciclo VanGal

16-10-2020

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020. O Museo do Pobo Galego acollerá os días 6, 7 e 8 de novembro o ciclo VanGal 2.0, un evento multidisciplinar que combinará actuacións musicais de catro artistas na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval con coloquios e intervencións expositivas en diferentes espazos do museo. 

A primeira edición do ciclo VanGal terá como protagonistas a MounQup, o proxecto da francesa Camille Hèdouin (venres, 6 de novembro); a Faia Diaz, coa presentación do seu primeiro disco Ao cabo leirín (sábado, 7 de novembro); a Laura LaMontagne xunto a PicoAmperio na súa recolla da tradición lírica da canción galego-portuguesa (domingo, 8 de novembro); e a DJ e ilustradora Teresa Ferreiro (sábado, 7 de novembro). Todas elas artistas, que dende os seus diferentes ángulos de traballo, están abrindo novas caligrafías que van da electrónica aos ambientes íntimos no musical, cuns perfís que abarcan diferentes disciplinas artísticas e cunha intensa posta en escena que evade arquetipos xa coñecidos.

O obxectivo da actividade será poñer o foco nestas catro figuras da vangarda alternativa galega para dar a coñecer toda a riqueza das súas propostas. Con este fin, antes de cada actuación terá lugar unha intervención de cada unha delas. Nestes puntos de encontro co público presentaranse as súas intervencións expositivas e ademais servirán para afondar nas súas traxectorias e visións artísticas, para mostrar as conexións e pontes transoceánicas con outras culturas e para evidenciar a trasmisión dunha Galicia políglota, feminina e actual. 

Os concertos terán lugar na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval e as charlas e exposicións repartiranse por diferentes espazos e salas do Museo do Pobo Galego. O aforo para asistir a estas actividades será limitado e controlado, tendo que retirar as entradas previamente na plataforma Vivetix: https://vivetix.com/events/museo-do-pobo-galego

Esta actividade está organizada polo Museo do Pobo Galego e o colectivo Ruido de Fondo, con Marcos Gendre e Adrián Herrero como membros organizadores desta edición. Conta co apoio da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia. 

 

 

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy