Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego organiza para o vindeiro mércores 30 de setembro un curso gratuíto e en liña para implentar e poñer en práctica a guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva que o DEAC elaborou xunto coa asociación AGADEA no ano 2016.
Neste curso online, impartido por Beatriz Rey (terapeuta ocupacional e enfermeira) e Carme Campo (educadora do Museo do Pobo Galego), ambas coautoras da guía, explicarán a organización e funcionamento deste manual a través de diferentes exercicios prácticos. Esta guía inclúe prácticas que traballan a estimulación de persoas con deterioro cognitivo con recursos do folclore (como o baile, a música, a oralidade ou as celebracións tradicionais).
O curso, que terá lugar de 19h a 20h da tarde, está dirixido principalmente a familiares con persoas con diferentes grados de demencia e alzheimer ao seu cargo; para terapeutas ocupacionais, estudantes do ámbito sociosanitario e persoas que traballen en envellecemento activo. Entre as finalidades do curso está a de facilitar materiais para que as coidadoras poidan traballar cognitivamente coas persoas maiores na casa desde as súas costumes e vivenzas, ofrecer recursos gratuítos e en liña adaptados á idade e á cultura das persoas utilitarias e a visibilización do potencial que ofrecen os recursos do patrimonio.
Para asistir en liña ao curso na plataforma Zoom será preciso inscribirse no correo electrónico do DEAC: servizosdeac@museodopobo.gal, unha vez anotado enviarase máis información sobre os contidos e a forma de acceso ao mesmo.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime. Download