Para este curso 2020/2021, marcado pola COVID-19, no Departamento de Educación e Acción Cultural (#DEACmpg) buscamos unha fórmula temporal na que o Museo do Pobo Galego poida ser útil nos programas educativos dos centros pondo a vosa disposición contidos e materiais en liña para que lle deades uso cando e como consideredes.
🔺🖇 Caderniños didácticos, unha serie de monografías sobre o mar e as embarcacións tradicionais, a olería ou o tecido (entre outras). Para usar desde infantil ate bacharelato.
🔺🖇 Audiovisuais como as gravacións dos #CafédaMemoria, conversas con informantes do Museo sobre temas relacionados coa historia recente de Galicia) ou o acceso ao catálogo de filmes da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Para bacharelato e ciclos formativos.
🔺🖇 Fichas de exercicios baseadas no folclore e o patrimonio inmaterial aptas para traballar no centro con alumnado de educación infantil con exercicios como adiviñas, láminas para colorear, refráns, trabalinguas, cancións ou xogos bailados.
Podedes descargalos de balde ou botarlle un ollo aquí.
Ademais, propoñémosvos aulas en directo (streaming) sobre temáticas do museo. Nós preparamos unha para secundaria sobre o baile e música de Galicia, pero estamos abertas a recibir as vosas propostas con outros temas que tratar nestas aulas. Podedes consultala aquí.
As visitas ás salas e as actividades didácticas presenciais seguen estando na nosa oferta, simplemente que terán que ser sempre concertándoas con suficiente antelación, seguindo as recomendacións sanitarias e respectando as restriccións de aforo.
Contáctanos en servizosdeac@museodopobo.gal ou no 981 583 620
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Descarga