Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

News

15ª MICE MUSEO D POBO GALEGO

17-08-2020

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico nace en 2006 e deseñouse como un evento do Museo do Pobo Galego para dar a coñecer os traballos audiovisuais relacionados coa etnografía e a antropoloxía, disciplinas científicas nas que se enmarca o traballo do Museo, unha entidade que, despois de máis de catro décadas de existencia, ten que asumir o reto de traer ao presente unha parte fundamental do noso patrimonio. A MICE pretende xerar un espazo de diálogo, de reflexión e de intercambio arredor da confluencia entre a antropoloxía social e cultural e a teoría e a práctica cinematográfica. 

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico ten entre os seus obxectivos ir máis alá do exótico, do primitivo ou do tradicional, valores errados aos que nos remite moitas veces o etnográfico. A antropoloxía e a etnografía son disciplinas de longa traxectoria e práctica de estudo dentro dos procesos culturais. Estas ciencias estudan as persoas e os contextos do presente, así como os cambios sociais e a diversidade cultural da época na que nos tocou estar. Son estudos sobre nós, exercicios da antropoloxía científicos pero tamén nos que hai lugar para o poético nese ollármonos como a un outro ou unha outra. A MICE ofrécenos isto traendo as pantallas do festival fitos do cinema etnográfico que son tamén, en moitos casos, fitos da historia fílmica xeral, experiencias recentes e anovadoras, traballos que van da factura clásica ao cinema máis experimental e radical. Aínda que a MICE conta cunha orientación moi especializada, abrangue coordenadas estilísticas e temáticas diversas, polo que a actitude do festival é inclusiva na creación dun espazo social compartido para todos e todas en torno ao cinema e o audiovisual.A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, do AGADIC, Xunta de Galicia e Cultura da Deputación da Coruña.                 http://mice.museodopobo.gal

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
4 euros

Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 6 or more:
3 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy